Taboleiro de Anuncios
Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns
ANUNCIOS -Lotería. Atópase á disposición dos socios a lotería, os que o desexen poden recollela na cafetería do centro, este ano xogamos co nº 37.494, prezo 5€ cada participación. ¡Moita sorte! !Non se reserva! -Inauguración da campaña "Por unha mobilidade efectiva". O 19 de novembro ás 20h a cargo da Asociación e da Federación Eduardo Chao. -Excursión ó Castelo de Villasobroso. O 21 de novembro,saída ás 16:30h.Entrada ó castelo, ata 15 anos gratuito, adultos 1€. - Visita ó museo Liste. O día 25 de novembro, saída de Zamáns ás 16h e regreso ó finalizar a visita. Gratuito. - Charla- coloquio na AAVV de Zamáns "Por unha mobilidade efectiva". O 26 de novembro ás 20h a cargo da Asociación e da Federación.
ANUNCIOS -Está á vosa disposición un contenedor para reciclar aceite, atópase fóra do centro e pregamos que cada persoa bote dentro do bidón o seu aceite. -Visita a web da Parroquia www.zamans.net -Xa está en funcionamento a biblioteca e a videoteca do Centro Cultural. -Se desexas ter o carné de socio da Asociación, por favor, entréganos a túa fotografía. -Obradoiro de nenos e maiores. O sábado 28 de novembro ás 16:30h no auditorio. -Queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 30€ os recibos familiares e 20€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-4-1-0040004240. ********************************** Teléfonos de interés: Centro Cultural: 986468039 Avarías no Alumeado Público:900333365
CONVOCATORIA ASEMBLEA SÁBADO,28 DE NOVEMBRO
-
NIF:G36691855 Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo) Tfno-Fax:986 468039 Email: zamans@zamans.org
SOCIO EXTERIOR APELIDOS ,
Estimado Socio/a:
A Xunta Directiva da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns, mediante a presente, convócao á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de novembro de 2009, no auditorio do Centro Cultural ás 19:00h en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos na ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior.
2.- Relación de altas e baixas de socios.
3.- Xestións realizadas e pendentes no 2009.
4.- Pregos e preguntas.
Recordámoslle que é obriga de todos os socios/as asistir ás reunións convocadas de forma axeitada pola Xunta Directiva. No caso de non ser posible a asistencia do socio/a titular á asemblea, éste pode delegar noutra persoa da súa familia, maior de 18 anos. O nome desta farase constar nesta carta, e será presentada á Xunta Directiva ó comezo da asemblea.
Socio: D.N.I.:
Persoa en que delega : D.N.I.:
Firma do socio/a titular:
Zamáns, 13 de novembro de 2009.